Talento Sénior 2019

Que é o Programa Talento Sénior?

Son axudas para a contratación de persoal de alta cualificación, por un período mínimo de tres anos, con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: Subvención
  • Incentivo: entre o 40% ata o 60% á contratación en función da retribución bruta do persoal de alta cualificación por cada contrato indefinido ou temporal de duración igual ou superior de 3 anos
  • Orzamento total: 960.000 €
  • Alcance previsto: 14 contratos

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas, ata un máximo de 2 contratos por entidade, por:

  • Empresas
  • Organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia
Deadline: 
Sunday, 11 August, 2019 - 17:00
Geographical Coverage: RegionalSector of Activity:
Research & innovation